martes, 13 de marzo de 2012

Xéneros teatrais

Algúns xéneros teatrais son os seguintes:

Entremés:é unha obriña teatral nun só acto que se caracteriza pola brevidade (150-1000 liñas), pola comicidade e, ademais pola dependencia, ó representarse nos descansos entre actos dunha obra principal.A trama e o conflito son mínimos. O tempo e o espazo están só vagamente aludidos. O número de figuras oscila entre tres e cinco. Os personaxes son tipos máis ou menos estereotipados de estratos sociais baixos e populares, que se mostran en situacións insólitas, absurdas e grotescas para provocar comicidade.

Loa (louvanza):  é un tipo de prólogo teatral que pretende lograr o favor do público. Apareceron cos primeiros autos sacramentais e convertíronse logo en parte das obras seculares.
Na forma, estas pezas non presentan complexidade dramática, botándose en falta especificacións espaciais, temporais e elementos escénicos. Represéntanse diante do pano e en espazo neutro. Os seus personaxes son tipos convencionais coñecidos polo público, ou figuras alegóricas, caracterizadas por un mínimo de trazos.

Sainete:é unha peza teatral breve, evolucionada do entremés que, coma este, consta dun só acto dividido en escenas, é breve (20 ou 30 minutos, máis longo có entremés) ten intencionalidade cómica, as personaxes están escasamente caracterizadas

Soliloquio:é unha forma singular de monólogo aplicada ás obras construídas sobre un só personaxe.

Auto sacramental: está baseado nunha tradición dramática-teatral litúrxica e relixiosa medieval e renacentista (episodios bíblicos ou haxiográficos , acción alegórica sobre conceptos morais) transmite a cosmovisión católica de xeito edificante nun só acto. A Eucaristía é o centro do auto sacramental.

lunes, 12 de marzo de 2012

O teatro é un espectáculo baseado na representación da conduta do ser humano. Esta conduta representada, chamada actuación, é realizada por actores.
O termo provén do grego theatron, nome que recibían as bancadas en forma de hemiciclo desde onde os espectadores contemplaban as representacións teatrais nos anfiteatros gregos. Theatron viría a ser, logo, o "lugar desde onde se mira". Posteriormente pasou a designar tamén ó espectáculo mesmo e ó lugar destinado a tales espectáculos. O teatro nace en grecia e os primeiros datos documentados de literatura dramática son do século I a.C. 
A obra articularase en tres actos procurando unha progresiva incorporación do espectador mediante a creación de intriga. Dúas son as estruturas posibles:
-Estrutura aberta.
-Estrutura pechada (tradicional)
Acto 1º. Presentación do contexto e personaxes. Aparece unha intriga secundaria.
Acto 2º. Descóbrese o conflito principal.
Acto 3º. Contén a sorpresa máis eficaz. No seu comezo hai solución ó conflito, rapidamente ofértase unha terceira intriga que desfai tódalas posibilidades de desenvolvemento argumental e que fai que sexa desexable xa un desenlace.


Algúns xéneros teatrais son: auto sacramental, entremés, sainete, soliloquio, farsa, loa, comedia, traxedia, traxicomedia e paso.

domingo, 11 de marzo de 2012

Peza dramática máis antiga na nosa lingua

A contenda dos labradores de Caldelas, máis coñecida como Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, é unha peza teatral de Gabriel Feixoo de Araúxo do ano 1671. Esta  é a primeira peza teatral escrita en galego.
Ten como tema un dos moitos enfrontamentos que os habitantes das dúas beiras do río Miño mantiñan polos dereitos da pesca. Na peza, un fidalgo portugués pretende saltarse a regulamentación tradicional facendo dous lances (saída dos barcos pesqueiros) por cada lance que fagan os galegos. Fronte a el, o cabaleiro Roleiro está disposto a impedilo e ambos loitan en escena, saíndo campión o galego, que unha vez só en escena conta como é a batalla. Os espectadores saben que os portugueses son derrotados polo pranto que unha portuguesa realiza no escenario sobre o cadáver do seu home. A obra termina coa reconciliación final entre os habitantes das dúas beiras e a celebración conxunta dunha festa e dun baile.
Na Contenda, o fidalgo si que responde a tipo de fachendoso e mullereiro que presentaban os fidalgos dos entremeses, pero Roleiro non é o rústico parvo e, ademais, por riba, gaña, de modo que hai unha subversión social. Ademais, a peza está localizada nun tempo e nunha xeografía concretas. E o espectador identifícase con Roleiro.

O autor marca ademais as diferenzas sociais e o enfrontamento, caracterizando ao portugués coas falas barrocas e amaneiradas dos fidalgos e con variantes fonéticas que o distinguen do falar galego. Non é unha obra bilingüe, senón que utiliza tres ou catro signos ortográficos e variantes morfolóxicas para diferenciar as falas dunha e outra beira.

domingo, 4 de marzo de 2012

                             O Teatro Principal de Ourense







Santiago Sáez Pastor decidiu contruír na década de 1830 o Teatro Principal, na rúa de Paz; antiga rúa dos Zapateiros. Ao parecer, foi unha especie de vingaza porque venderon o palco que el tiña reservado, nun día de función, no vello teatro.
Levantou o novo no lugar onde tiña a súa vivenda e o seu negocio, un vanco. O edificio fou un pequeno teatro "á italiana", é dicir, cun patio de butacas e palco na planta baixa, tres pisos de palcos e escenario. O teito con decoración vexetal e xeométrica. A parte que daba á rúa tiña planta baixa, que era o vestíbulo do teatro, e catro alturas que se destinaban a vivendas.
Foi, durante bastantes anos, oúnico teatro público da cidade e o lugar de ocio máis selecto. Era o centro da vida social e cultural e nel houbo concertos, zarzuelas, obras teatrais, bailes, mitins, etc.
No 1912 o cine chega a Ourense e o Teatro Principal, tres anos despois, proxecta a súa primeira película, Viva el Rey, nunha sala remodelada e adaptada ás novas necesidades.
Na transición pechouse e estivo a piques de desaparecer. "Trátase de salvar o Principal" foi a consigna dun grupo encabezado por artistas, profesores, arquitectos e xente da vida pública ourensá, que logrou que a remodelación comezara a a principios dos anos 80. O Teatro Principal reinaugurouse en 1992.

sábado, 3 de marzo de 2012

O Premios Max son uns premios concedidos anualmente aos profesionais do teatro en España cada temporada. Os gañadores son elixidos entre os seus propios compañeiros mediante un proceso de dúas roldas de votacións secretas. O trofeo ten forma de mazá cun antifaz. Existe unha categoría específica para textos teatrais escritos en galego.


Este ano na categoría de mellor autor teatral en galego optan ao premio Avelino González, Artur Trillo y María Ordóñez, por Pelos na lingua, que leva á escena Talía Teatro. Tamén compite por este galardón Roberto Salgueiro, por Memoria de Helena e María, de Teatro do Atlántico; así como Santiago Cortegoso, por 0,7% Molotov, de Ningures Producciones.


Ademais tamén está nominada a compañía  Sarabela  teatro polo montaxe de "A esmorga".


A páxina oficial de estos premios é: http://www.premiosmax.com




jueves, 1 de marzo de 2012


Temos que nomear a esta famosísima obra de Castelao: "Os vellos non deben namorarse". Nesta entrada pomos algunha información desta obra.













Os vellos non deben de namorarse é unha das pezas máis populares do teatro galego. A obra foi escrita "para regalía do pobo galego" por Castelao, na cidade de Nova York, como remedio para "matar as horas de morriña". En verbas do autor esta obra foi froito da combinación de dúas sensibilidades: a literaria e, tamén, a imaxinación plástica do pintor.
Estreouse en Bos Aires o 14 de agosto de 1941, no teatro Mayo, con grande éxito, e o 8 de outubro no teatro Solís, de Montevideo, e, dende aquela, non deixou de representarse. Castelao non puido asistir á estrea en Montevideo e mandou unha gravación, en castelán, que constitúe o único documento sonoro coa voz de Castelao.
Castelao escribiu primeiramente o terceiro lance contando, coma nos outros dous, a historia dun vello que se namora dunha moza. Os personaxes son personaxes-tipo, equivalentes, inda que de diferente extracción social, que compoñen historias pechadas e xustapostas. Ó final da obra, un epílogo reúne os tres vellos mortos no cemiterio, para que eles nos conten o propósito da farsa.
A obra, escrita coa convición de que o redundante -recurso que na literatura galega se presenta frecuentemente e que ten raíz popular- ten sumo valor expresivo, foi dirixida na súa primeira representación Varela Buxán, director da compañía de teatro Maruja Villanueva, coa colaboración directa do propio Castelao, quen ademais deseñou toda a escenografía. O carácter repetitivo de Os vellos non deben de namorarse baséase no feito de ser unha triloxía, composta por tres versións (lances), encadradas entre un prólogo e un epílogo, dun mesmo esquema dramático.

sábado, 25 de febrero de 2012

Na provincia de Ourense destacan cuatro festivais e mostras de teatro: o MOTI (Mostra de Teatro Infantil de Ourense), o MITEU (Mostra de Teatro Universitario de Ourense); o FITO (Festival Internacional de Teatro de Ourense) e a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

-O MOTI soe celebrarse a última semana de decembro e está adicado ós máis pequenos.
-O MITEU: este ano celébrase do 13 o 28 de abril e nel os universitarios móstranos os seus traballos.
-O FITO: celébrase entre a primeira e segunda semana de outubro e móstranos obras de diversas rexións e países.
-A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia: acontece entre a terceira e a última semana de xullo e como no FITO podemos ver obras de todo o mundo. Este festival, a diferencia dos outros, celébrase en Ribadavia e as obras representanse na plaza do pobo ou nun antigo anfiteatro ao aire libre. As entradas custan entre 4 e 5 euros e unha curiosidade é que as obras do anfiteatro empezan as 11 da noite para poder ves as estrelas.

martes, 21 de febrero de 2012

Luís Tosar


                             LUÍS TOSAR








Nace en Cospeito (Lugo) o 13 de outubro de 1971.
Comeza no campo da curtametraxe para logo ser coñecido polo súa presenza na serie da Televisión de Galicia Mareas vivas, serie mítica da TVG e que lanza á fama aos seus protagonistas, entre eles, Luis Tosar. En febreiro de 2003 foi elixido 'Galego do Mes' por El Correo Gallego.
Foi premiado como Mellor Actor nos Premios Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España 2004 por Te doy mis ojos, Mellor Actor de Reparto no 2003 por Os luns ó sol e, de novo, Mellor Actor Protagonista no 2009 por Celda 211. A súa traxectoria profesional mereceu diversas distincións fose do ámbito cinematográfico entre a que cabe destacar o Premio Xarmenta en 2005 pola sua defensa da lingua galega no Bierzo.
En 2006 ten un papel nunha película que foi remake da serie dos anos 80, Miami Vice, xunto a Colin Farrell e Jamie Foxx. En Alacant participou no filme inglés Mr. Nice xunto a Rhys Ifans, Chloë Sevigny, David Thewlis e a española Elsa Pataky.
Representou a cara visible do apoio do mundo da cultura á Plataforma Nunca Máis durante a crise polo afundimento do Prestige (13 de novembro de 2002).
É o cantante da banda Di Elas.
Algunhas das longametraxes nas que participou foron:
- Flores de otro mundo (1999)
- La  comunidad (2000)
- Sei quen es (2000)
- Trece badaladas (2002)
- O lapis do carpinteiro (2003)
- O don da dúbida (2005)
- Las vidas de Celia (2006)
- Celda 211 (2009)
- También la lluvia (2010)
En canto ao teatro participou en A ópera dos tres reás co Centro Dramático Galego

lunes, 20 de febrero de 2012


Galicia competiu onte por seis premios Goya, entre eles o de mellor actor protagonista -Luís Tosar por 'Mientras duermes'- e o mellor filme de animación -'Arrugas', que tamén optou ao galardón do mellor guión adaptado-. A XXVI edición dos premios da Academia do Cine Español conta tamén entre os esus candidatos ó realizador pontevedrés Miguel Barros, por o guión de 'Blackthorn', e os coruñeses Laura Pousa e Alberto Vázquez Rico, por os cortometraxes 'Meine liebe' e 'Birdboy', respectivamente. 

De estes "Arrugas" levou os dous premios os que obtaba (mellor filme de animación e mellor guión adaptado) e o corto "Birdboy" por ser o mellor corto de animación. Deixo o enlace para ver o corto "Birdboy".

http://www.youtube.com/watch?v=ZAZl2QOVSVQ

lunes, 30 de enero de 2012

Este blog estará adicado ao teatro galego, é decir, creado por galegos, aínda que estén en castelán. Amosarémosvos os lugares onde se poden ver as representacións, as compañías de teatro galegas, as obras máis destacadas e informarémosvos dos distintos festivais dedicados a esta arte. Intentaremos pór todas as que poidamos pero é moi difícil debido a gran variedade deste xénero.