Algúns xéneros teatrais son os seguintes:
Entremés:é unha obriña teatral nun só acto que se caracteriza pola brevidade (150-1000 liñas), pola comicidade e, ademais pola dependencia, ó representarse nos descansos entre actos dunha obra principal.A trama e o conflito son mínimos. O tempo e o espazo están só vagamente aludidos. O número de figuras oscila entre tres e cinco. Os personaxes son tipos máis ou menos estereotipados de estratos sociais baixos e populares, que se mostran en situacións insólitas, absurdas e grotescas para provocar comicidade.
Loa (louvanza): é un tipo de prólogo teatral que pretende lograr o favor do público. Apareceron cos primeiros autos sacramentais e convertíronse logo en parte das obras seculares.
Na forma, estas pezas non presentan complexidade dramática, botándose en falta especificacións espaciais, temporais e elementos escénicos. Represéntanse diante do pano e en espazo neutro. Os seus personaxes son tipos convencionais coñecidos polo público, ou figuras alegóricas, caracterizadas por un mínimo de trazos.
Sainete:é unha peza teatral breve, evolucionada do entremés que, coma este, consta dun só acto dividido en escenas, é breve (20 ou 30 minutos, máis longo có entremés) ten intencionalidade cómica, as personaxes están escasamente caracterizadas
Soliloquio:é unha forma singular de monólogo aplicada ás obras construídas sobre un só personaxe.
Auto sacramental: está baseado nunha tradición dramática-teatral litúrxica e relixiosa medieval e renacentista (episodios bíblicos ou haxiográficos , acción alegórica sobre conceptos morais) transmite a cosmovisión católica de xeito edificante nun só acto. A Eucaristía é o centro do auto sacramental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario