O Teatro Principal de Ourense
Santiago Sáez Pastor decidiu contruír na década de 1830 o Teatro Principal, na rúa de Paz; antiga rúa dos Zapateiros. Ao parecer, foi unha especie de vingaza porque venderon o palco que el tiña reservado, nun día de función, no vello teatro.
Levantou o novo no lugar onde tiña a súa vivenda e o seu negocio, un vanco. O edificio fou un pequeno teatro "á italiana", é dicir, cun patio de butacas e palco na planta baixa, tres pisos de palcos e escenario. O teito con decoración vexetal e xeométrica. A parte que daba á rúa tiña planta baixa, que era o vestíbulo do teatro, e catro alturas que se destinaban a vivendas.
Foi, durante bastantes anos, oúnico teatro público da cidade e o lugar de ocio máis selecto. Era o centro da vida social e cultural e nel houbo concertos, zarzuelas, obras teatrais, bailes, mitins, etc.
No 1912 o cine chega a Ourense e o Teatro Principal, tres anos despois, proxecta a súa primeira película, Viva el Rey, nunha sala remodelada e adaptada ás novas necesidades.
Na transición pechouse e estivo a piques de desaparecer. "Trátase de salvar o Principal" foi a consigna dun grupo encabezado por artistas, profesores, arquitectos e xente da vida pública ourensá, que logrou que a remodelación comezara a a principios dos anos 80. O Teatro Principal reinaugurouse en 1992.
No hay comentarios:
Publicar un comentario